Monday 29 de April de 2024

Camariñas reparte pantallas de protección entre o comercio local


Foron doadas polo IES Monte Neme e tamén polo Dúo Defesta.

O Concello de Camariñas está preparando a volta ao traballo e a apertura ao público, con cita previa, que moitos sectores teñen prevista para este luns, 4 de maio, cando se iniciará a Fase 0 do plan de desescalada. Para iso, comezou esta fin de semana a repartir pantallas de protección facial entre o comercio local.
O reparto comezou polas perruquerías, os centros de estética e os ultramarinos pero nos próximos días chegará a todo o comercio local e tamén á hostalaría. O obxectivo é incrementar as medidas de protección para, xunto coas medidas de hixiene, poder atender dun xeito seguro á súa
clientela.
Estas pantallas faciais foron doadas ao Concello polo IES Monte Neme de Carballo, onde é docente o camariñán Diego Carril, e tamén polo Dúo Defesta, de Laxe.
A alcaldesa, Sandra Insua, agradeceu o xesto “que permitirá que todos os negocios de Camariñas poidan afrontar a primeira fase da desescalada con outro elemento de protección como son as pantallas faciais, aumentando así a seguridade na atención ao público”.